DVD Ediciones.com en el centenario de Álvaro Cunqueiro
Coordinan Ángel Cerviño y Juan Manuel Macías


Luís Rei Núñez


A BÓLA DE NEVE

OS pombos arrolan entre as mazás
que estendeu polo chan do cuarto alto.
El deixa que se desfaga a mañá
coma area en dedos sempre tardos
ó escribir do que se vai amar.

              Ecoan os latíns do seminario
na mesma praza da vella botica
onde foi paxe da trola escoitando
da trabe de ouro e de raras marmitas.
A tarde pasa e el segue inventando.

              Sen outra opción é o alquimista
entre as probetas da fantasía,
e carga un saco de contrabandista
de aire e palabras pola romaría.
Contra a tristeza, tecerá cantigas.

              Gústanlle un mundo os trucos de mesteres
que practica con mans ben pacienzudas.
Como axitar esa bóla de neve
que esmaga un ai! polo triunfo de Xudas
transportándote á selva de Esmelle.

LUÍS REI NÚÑEZ
De A casa na brétema ( Espiral Maior, 1994)

Tradución al castellano: La casa en la bruma (Pre-Textos, 1997)

Publicado el 22/11/2011

Inicio | En el centenario de Álvaro Cunqueiro